PAXINA PRINCIPAL
SITUACIÓN
Situación do Club
Cómo chegar
Distancias Qm
Plano de Portonovo
RÍA DE MARíN - PONTEVEDRA
Entradas na Ría
Illas de Ons e Onza
Portos

FOTO AEREA
HISTORIASITUACIONSERVICIOSAPUNTESACTIVIDADESENLACESGALERIA FOTOGRAFICA
RÍA DE MARÍN - PONTEVEDRA

Ábrese nunha distancia de dúas millas e media entre Punta Cabicastro e Cabo Udra, aberta ó oeste pero cunha barreira formada polas Illas de Ons e Onza. A ría esténdese 7,5 millas en dirección Nordeste, con fáciles accesos, limpa e con varios portos e fondeadoiros.


Paso do NW. polo Canal de A Faxilda

O Canal da Faxilda encóntrase entre o baixo Faxilda e o Picamillo, con sondas entre 11,5 e 15m. A baliza de Picamillo e a boia da Faxilda de día e as súas luces durante a noite facilitarán a navegación por este paso. Para tomalo con seguridade débese leva-la enfilación de Punta Cabicastro e o Monte Domaio ó 124º. Ó estar sobre o paralelo do extremo norte das Ons debese caer ó sur para evita-lo baixo Laxe Montalvo. Pódese navegar moi próximo a Picamillo deixando a baliza ó Oeste.

PASO DO CANAL DOS CAMOUCOS

Entre a Illa de Ons e o baixo do mesmo nome. Para tomar este paso non hai ningún inconveniente coidando de dar un resgardo de 200m. á Illa de Ons axudándonos para o paso a baliza dos Camoucos. Máis ó Sur da praia de Melide debe darse un resgardo de 400m. á costa da illa polo E.


PASO POLO CAMOUCO E PICAMILLO

Entre as torres do Camouco e Picamillo esténdense os Baixos dos Camoucos, Laxe dos Rábalos e Lombo da Besta; entre estes dous está o paso da Carreira Falsa, de 200m. de anchura. Este paso é practicable con fondos de máis de 3,5m., salvo unha pedra de vela moi próxima ó E. da Torre do Camouco.
A navegación por este paso é difícil se non se coñece ben, debendo tomarse unicamente en moi boas condicións de mar.


PASO ENTRE ONS E ONZA

Este paso só debe tomarse en condicións de necesidade, debéndose pasar máis pegado á costa norte da Onza dándose un resgardo de 200m., para salva-lo baixo da Loba ó Sur. de Ons.

inicio

Case toda a Illa de Ons é escarpada e con arrecifes perigosos, polo que debe dárselle un bo resgardo polo W. e algo menos polo E. Na costa W. está a Enseada de Canibeliñas, ampla e que protexe dos ventos do NE. No S., ente os Cabos da Egua e Fedorenteo hai outro bo fondeadeiro con praia. Na sua costa E. existe un pequeno peirao balizado cunha luz. Ó S. de Punta Melide está a praia do mesmo nome, que é a maior da illa.
A Illa de Onza é toda ela escarpada e perigosa, sendo só abordable por unha enseada ó S. da Illa chamada Porto do Sol.
Por toda a costa das illas as embarcacións deben tomar precaución dentro do veril de 5m., pola multitude de pedras que velan.

inicio

Dentro da Ría poden tomarse os portos de Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Combarro, Pontevedra, Marín, Aguete e Bueu.


FONDEADOIROS

Toda a Ría, excepto as puntas, é asequible para fondear, sendo os lugares máis aptos Marín, Bueu e Sanxenxo.


COSTA NORTE DA RÍA

Desde Punta Cabicastro a costa vai en dirección N. ata a Praia de Caneliñas, que se estende 400m. ó W., volvendo a costa cara ó S. ata Punta de Seame. A 200m. dela encóntrase o Baixo O Travestiño, ó WNW da punta.
Desde aquí a costa diríxese novamente cara ó N. recurvando cara ó NE ata a enseada de Portonovo, precedida dunha pequena enseada, a de Caneliñas, e dun acantilado duns 400m. de lonxitude.


PORTO DE PORTONOVO

Este porto pesqueiro está na enseada de Ribeiriña, composto por dous diques que parten da costa. O dique máis ó S. ten duas aliñacións con aproximadamente 200m de lonxitude. A liña de atraque interior ten unha rampla e peirao de atraque. O peirao N. ten 150m de lonxitude e posúe escalas para embarcacións menores. O Porto de Portonovo ten moito movemento de embarcacións pesqueiras.
Desde Punta Bicaño a costa segue cara ó N. recurvándose cara ó E. para formar unha enseada, a de Sanxenxo, coa Praia de Silgar ó fondo, que ten no seu extremo oriental o arrecife do Puntal.

inicio

(C) 2002 Club Náutico Portonovo - Rúa Rafael Picó, 44 - 36970 Portonovo - Pontevedra - Tel. +34 986 723 266
e-mail nauticoportonovo@hotmail.com - Deseño web: AVA Soluciones Tecnológicas

PAXINA PRINCIPAL