|
ANUNCIO DA REGATA
O Trofeo Hotel Galatea
celebrarase en augas da Ría
de Pontevedra e Illa de Ons,
os días 20 e 21 de agosto
de 2005, organizado polo CLUB
NÁUTICO DE PORTONOVO.
1.
REGRAS
A regata regularase por:
a) As regras da
regata tal e como se definen no Regulamento
da Regata a Vela da ISAF 2005–2008
(RRV).
b) Prescricións da Real Federación
Española de vela (RFEV).
c) O Regulamento técnico de
Cruceiros 2005 e os seus anexos.
d) O Regulamento da Medición
IMS.
e) As regras IMS de Habitabilidade.
f) A regata estará considerada
de categoría 4º do O.R.C.
O presente anuncio de Regatas pode ser
modificado polas instrucións
da Regata.
2. PUBLICIDADE
Os participantes na regata poderán
exhibir publicidade da Categoría
B.
3.
ELIXIBILIDADE
3.1. Os participantes deberán
cumprir as condicións de elixibilidade
reflectidas no Apéndice 2, regulamentación
2 da ISAF e nas prescricións
da RFEV a dito Apéndice.
4. CLASE QUE
PARTICIPA
Os participantes deberán cumprir
as condicións de elixibilidade
reflectidas no apéndice 2 do
R.R.V. e nas prescricións da
RFEV a dito Apéndice.
Os participantes de nacionalidade ou
residencia legal en España deberán
estar en posesión da Licenza
Federativa de deportista estatal para
o 2005.
Poderán participar no IX TROFEO
HOTEL GALATEA.
DIVISIÓN IMS. Poderá
participar calquera cruceiro a vela
de un só casco e cun mínimo
de 6.75 metros de eslora, cun certificado
de Medición Válido
IMS 2005 (Club ou Standard).
En caso de non ter certificado, o Comité
de Regatas poderá axuntar un
certificado estimado e Penalizado, e
non se admitirán reclamacións
ó respecto. Os barcos con un
só tripulante ou máximo
dous tripulantes (Patrón e Tripulante)
poderán usar o piloto automático,
baixo a súa
responsabilidade en regata.
5. INSCRICIÓNS
5.1. As inscricións formalizaranse
necesariamente no formulario
axunto, que se deberá remitir
xunto coa seguinte documentación:
• Fotocopia
dos Certificados 2005.
• Fotocopia da Póliza
de seguros en vigor que cubra a responsabilidade
civil.
• Fotocopia da licenza federativa
de vela 2005 (poderase tramitar polo
Club Náutico de Portonovo)
de tódolos tripulantes da embarcación
(poderase atrasar isto ata o día
final de entrega de documentación),
para cumprir a normativa vixente.
5.2. Enviaranse antes do 19 de agosto
de 2005 ás 20:00 horas a:
CLUB NÁUTICO
DE PORTONOVO
Rúa Rafael Picó 44
36970 Portonovo
Tel 986 723266 fax 986 724 175
e- mail: nauticoportonovo@hotmail.com
Web: www.nauticoportonovo.com
5.3. O comité Organizador resérvase
o dereito de admitir inscricións
que se reciban despois da data límite
da
inscrición.
5.4. Os dereitos da inscrición
serán os seguintes:
• Barco patrocinado
................. 40 €.
• Barco non patrocinado ..........
25 €.
Deberase confirmar
a inscrición na oficina do Club
Náutico antes das 11:00 horas
do día 20 de agosto de 2005,
debendo estar entregada toda a documentación
requirida.
6. PROGRAMA
O programa do evento é o seguinte:
Sábado
20 de agosto
10:00 h.: Apertura oficina de
Regatas.
Rexistro
de participantes.
Entrega
de Instrucións de Regata.
12:00 h.: Saída da primeira
manga.
Domingo 21 de agosto
12:00 h.: Saída da segunda manga.
20:30 h.: Entrega de trofeos e ágape
no Hotel Galatea.
7.
PERCORRIDOS
As instrucións da Regata detallarán
os percorridos a seguir. Os percorridos
indicaranse 10 minutos (aproximadamente)
antes do sinal de atención pola
canle 9 V.H.F.
|