|
ANUNCIO DE REGATA
O Trofeo
Hotel Galatea celebrarase en
augas da Ría de Pontevedra e
Illa de Ons, os días 21
e 22 de Agosto de 2004, organizado
polo CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO.
A VIII REGATA DO CLUB
NÁUTICO DE PORTONOVO TROFEO HOTEL
GALATEA é unha proba
puntuable para o campionato
Galego de barcos cruceiro – Copa
Galicia de Cruceiros 2004.
REGRAS
A regata regularase
por:
a)
As regras da regata tal e como se
definen no Regulamento da Regata a
Vela da ISAF 2001 - 2004 (RRV).
b) Prescricións
da Real Federación Española
de vela (RFEV).
c) O Regulamento
técnico de Cruceiros 2004 e
os seus anexos.
d) O Regulamento
da Medición IMS.
e) As regras IMS
de Habitabilidade.
f) As regras do regulamento
de seguridade O.R.C. 2003.
O presente
anuncio de Regatas pode ser modificado
polas instruccións da Regata.
PUBLICIDADE
Os participantes na
regata poderán exhibir publicidade
da Categoría C de acordo co Apéndice
1, regulamentación 20 da ISAF
e as prescricións da RFEV de
dito Apéndice.
ELIXIBILIDADE
Os participantes deberán
cumprir as condicións de elixibilidade
reflectidas no Apéndice 2, regulamentación
2 da ISAF, e nas Prescricións
da RFEV a dito Apéndice.
Os participantes de nacionalidade
ou residencia legal en España
deberán estar en posesión
da licencia federativa de deportista
para 2004.
CLASE
QUE PARTICIPA
Poderán participar
nesta regata os barcos con Certificado
da Medición e Habitabilidade
IMS para 2003. Admitiranse certificados
IMS CLUB.
Os grupos estableceranse
según o estipulado no regulamento
da Copa Galicia.
INSCRICIÓNS
As inscricións
formalizaranse necesariamente no formulario
adxunto, que se deberá remitir
xunto coa seguinte documentación:
-
Fotocopia do Certificado válido
da Medición.
- Fotocopia do Certificado de Habitabilidade
2004(se procede).
- Fotocopia da Póliza de seguros
en vigor que cubra a responsabilidade
civil, ata unha cuantía de
300.000 €.
- Fotocopia da licencia federativa
de vela 2004 (poderase tramitar polo
Club Náutico de Portonovo)
de tódolos tripulantes da embarcación
(poderase atrasar isto ata o día
final de entrega de documentación),
para cumprir a normativa vixente.
5.2.
Enviaranse antes do 19 de agosto de
2004 ás 20:00 horas a:
CLUB
NÁUTICO DE PORTONOVO
Rúa Rafael Picó 44
36970 Portonovo
Tel 986 723266 - Fax 986 723266
e- mail: nauticoportonovo@hotmail.com
Web: www.nauticoportonovo.com
O comité
Organizador resérvase o dereito
de admitir inscricións que se
reciban despois da data límite
da inscrición.
Os dereitos
da inscrición serán os
seguintes:
-
Barco patrocinado: 55 €.
- Barco non patrocinado: 35
€.
Deberase
confirmar a inscrición na oficina
do Club Náutico antes das 11
horas do día 21 de agosto de
2004, debendo estar entregada toda a
documentación requirida.
PROGRAMA
O programa do evento é o seguinte:
Sábado
21 de agosto
10:00
h Apertura
oficina de Regatas
10:00
h Rexistro
de participantes.
10:00
h Entrega
de Instruccións de Regata.
12:00
h
Saída da primeira
manga.
Domingo
22 de agosto
12:00
h Saída
da segunda manga.
20:30
h Entrega
de trofeos e lunch no Hotel Galatea.
PERCORRIDOS
As instruccións da Regata detallarán
os percorridos a seguir.
INVENTARIO
DE VELAS. INSPECCIÓN E MEDICIÓNS
O número de
velas que un barco pode levar a bordo
na regata estará de acordo coa
regra 205.1 do Regulamento de Habitabilidade
IMS.
Diariamente realizaranse
controis de Seguridade e Medición.
PUNTUACIÓN
Aplicarase o Apéndice
A e o Sistema de Puntuación Baixa
descrito na regra 4.1 do R.R.V.
CLASIFICACIÓNS
As clasificacións
estableceranse de acordo coa regra 203
do RTC.
Haberá unha
clasificación para cada un dos
grupos establecidos.
SEGURIDADE
A seguridade desta regata
estará considerada como da categoría
4ª, de acordo co regulamento de
Seguridade ORC 2003.
Tódolos barcos
terán que estar equipados cunha
radio VHF coas canles 16 e 9.
Será responsabilidade
do armador ou responsable de cada barco
cumprir coas normas legais previstas
para embarcacións de recreo,
tanto con carácter xeral coma
en especial para o seu goberno, despacho
e seguridade.
TROFEOS
Indicaranse nas instruccións
da Regata ou no T.O.A.
Procederase á
entrega dos trofeos nun lunch ás
20:30 horas do día 22 no Hotel
Galatea de Portonovo.
ATRAQUES
Os barcos con inscrición
aceptada nesta regata, e que así
o soliciten, terán un lugar de
atraque reservado. O Club Náutico
de Portonovo resérvase o dereito
de asignar ás embarcacións
os postos de atraque por rigorosa orde
de inscrición, en función
de tamaño e calado.
RESPONSABILIDADE
Tódolos participantes
na Regata fano baixo o seu propio risco
e responsabilidade.
O Comité organizador
ou calquera persoa ou organismo involucrado
rexeita calquera responsabilidade por
perdas, dano, lesións ou molestias
que puideran acaecer a persoas ou cosas,
tanto en terra coma no mar, como consecuencia
da participación na Regata amparada
neste Anuncio de Regata.
Chámase a atención
sobre a Regra Fundamental 4, DECISIÓN
DE REGATEAR, da parte 1 do RRV, que
establece:
"É
de exclusiva responsabilidade dun
barco decidir se participa nunha
proba ou se continúa en Regata".
CARTAS
NÁUTICAS
Recoméndanse
as seguintes cartas náuticas
do Instituto Hidrográfico da
Mariña:
925
de Cabo Corrubedo a Cabo Silleiro
9251 Ría de
Pontevedra
9262 Ría de
Arousa
|