|
VI
REGATA CLUB NÁUTICO PORTONOVO
TROFEO HOTEL GALATEA
A primeira
manga da VI regata Club Náutico
de Portonovo TROFEO HOTEL GALATEA desenvolveuse
na mañá do día
24 de agosto, con bo vento, o que propiciou
que a duración de esta manga
fora de tres horas e media, co seguinte
itinerario: boia de desmarque na praia
de Silgar, Mourisca, Picamillo, Camouco,
Mourisca e regreso a portonovo, cunha
participación de 32 embarcacions.
A clasificación
desta primeira volta foi:
Clase
1
1º.-
Sofmarka.es de Javier Pérez
2º.- Jandrocho
de Roberto Reboredo
3º.- Raygrass
de José A. Nuñez
Clase 2
1º.-
Portogrin de Juan Garaizabal
2º.- Pintiña
dos de Miguel Astor
3º.- Yapeyu
de Carlos Iglesias
O
domingo, día 25, desenvolveuse
a segunda manga da VI
Regata Club Náutico de Portonovo
Trofeo Hotel Galatea
na ría de Pontevedra, co seguinte
percorrido:
Cabezo
de Mourisca, Cabezo de Mazarrón,
Cabezo de Mourisca, Portonovo.
A duración
desta proba foi de cinco horas, saindo
ás 12,00 horas e entrando a última
embarcación ás 17 horas.
Nesta manga tamén acompañou
a sorte, manténdose a intensidade
do vento como o día anterior.
A clasificación
da segunda manga foi:
Clase
1
Jandrocho
de Roberto Reboredo R.C.N. VIGO
Softmarka.es de Javier
Pérez R.C.N.VIGO
Raygrass dos de José
A. Núñez de R.C. N. CORUÑA
Clase
2
Albatros
de Apolinar Mozos R.C. M. AGUETE
Pintiña dos
de Miguel Astor C. N. PORTONOVO
Portogrin de Juan José
Garaizabal C.N. PORTONOVO
A clasificación definitiva é
a seguente:
Clase
1
Jandrocho
de Roberto Reboredo do Real club Náutico
de Vigo
Softmarka.es de Javier
Pérez do Real club Náutico
de Vigo
Raygrass dos de José
Antonio Núñez do Real
club Náutico de La Coruña
Anuska III de José
M. García do club Náutico
de San Vicente
Ventireiro de Luis
Cuadrado do Real club Náutico
de Sanxenxo
Tiriti de José
Luis Filgueira do club Náutico
de Portonovo
Clase
2
Portogrin
de Juan José Garaizabal do club
Náutico de Portonovo
Pintiña dos
de Miguel Astor do club Náutico
de Portonovo
Albatros de Apolinar
Mozos do Real club de Mar de Agüete
Yapeyu de Carlos Iglesias
do Liceo Marítimo de Bouzas
Popieder de Pepe Smith
do Náutico de Beluso
Martana de José
Antonio Pérez do club Náutico
de Portonovo
A entrega de premios tivo lugar no Hotel
Galatea ás 20,00 horas do domingo
día 25, asistindo bastantes persoas
entre participantes, invitados e afeccionados
deste deporte. Entregáronse trofeos
ós seis primeiros de cada clase,
servindo a continuación un lunch
ós asistentes por parte do Hotel
Galatea.
|
Galería
fotográfica da VI Regata
TROFEO
HOTEL GALATEA
B A S E S
O Club
Náutico de Portonovo, en virtude
das facultades que outorga a regra 87.2
do regulamento de Regatas, establece
o seguinte anuncio:
DATAS
DE CELEBRACIÓN:
24 e 25 de Agosto 2002
LUGAR
DE CELEBRACIÓN:
Ría de Pontevedra. Illa de Ons.
REGRAS:
A VI REGATA
C.N. DE PORTONOVO TROFEO HOTEL GALATEA
disputarase de acordo coas prescricións
da R.F.E.V. Regulamento
de competicións, Regulamento
Técnico de Cruceiros, Regulamento
de Seguridade de R.F.E.V; as Regras
I.R.C., o presente
anuncio e as instruccións de
Regata.
PARTICIPANTES:
A.- Dependendo
da asistencia e número de barcos,
poderanse face-las seguintes divisións:
- División I.R.C. (Cruceiro e
Regata)
- División Especial.
B.- Os iates que participen nas Divisións
de Regata e Cruceiro Regata deberán
estar en posesión do Certificado
de Medición I.R.C.
C.- Os iates que participen na División
Especial e non dispoñan de certificado
de medición, adxudicaráselles
un aproximado que decidirá o
Comité de Regatas; non admitíndose
reclamacións sobre ese punto.
INSCRICIÓNS:
As inscricións deberán
ser recibidas antes das 19:00 horas
do día 22 de agosto de 2002 no
CLUB NÁUTICO DE PORTONOVO.
DEREITOS
DE INSCRICIÓN:
20 € . Por yate participante
PREMIOS:
Entregaranse premios ós
tres mellores clasificados de cada División.
Os premios exporanse nas Oficinas do
CLUB.
PERCORRIDO:
Día
24 Agosto
Cabezo da Mourisca por Er.
- Picamillo por Br. - Camouco por Br.
- Cabezo Mourisca por Br. - Portonovo.
Día
25 Agosto
Cabezo Mourisca por Br. Baliza
Fondeada Nº 42 , 22,5" , W
45º . 00´ 00" por Br,
- Cabezo de Mozarron por Br. - Cabezo
Mourisca por Er. -Portonovo.
NOTAS:
En caso necesario poderanse fondear
boias de desmarque.
MEDICIÓNS
DE INSPECCIÓN:
Os iates poderán ser inspeccionados
en calquera momento polo COMITÉ
de REGATA.
OBSERVACIÓNS:
O comité
organizador resérvase o dereito
de modificar calquera punto do presente
ANUNCIO DE REGATAS.
20:30
horas, entrega de trofeos xardíns
do HOTEL GALATEA.
|