|
O Club Náutico de Portonovo organiza
o CAMPIONATO DE PESCA DE ALTURA
DESDE EMBARCACIÓN FONDEADA
a celebrar o día 27 de
agosto de 2005.
BASES
1. Este campionato
celebrarase a unha soa manga a disputar
na data anunciada anteriormente.
2. A proba terá
unha duración de 5 horas contadas
desde o momento no que o Xuíz
da proba dea saída no Porto de
Portonovo.
3. Existirá
un control de sinaturas dos participantes
tanto á saída coma á
chegada.
4. As embarcacións
dos participantes deberán estar
amarradas no porto de Portonovo no lugar
que fixe a organización antes
das 8:00 horas da mañá.
Para iso o Club Náutico de Portonovo
proporcionará o persoal de mariñería
para recoller os barcos nos fondeos
e axudar nas manobras de atraque.
5. Ás 8:00 horas
abrirase o control de sinaturas de tódolos
participantes, no peirao de Portonovo.
6. Ás 8:15 horas
o xuíz da proba dará a
saída oficial ás embarcacións,
iniciándose nese momento ó
cálculo das 5 horas para o desenvolvemento
da proba.
7. As embarcacións
poderán levar ata cinco participantes,
sen exceder o límite autorizado
pola Autoridade Marítima para
cada embarcación, un patrón
e catro tripulantes. O patrón
da embarcación poderá
ser á súa vez participante
no concurso.
8. Cada participante
deberá indicar, ó facer
a inscrición, o nome da embarcación
na que vai competir.
9. Cada equipo terá
un Capitán, que será a
persoa que figure ó inicio da
relación nominal da folla de
inscrición ó concurso,
o que, por esixilo así as disposicións
vixentes sobre navegación deportiva,
deberá estar en posesión
da titulación correspondente
expedida pola Autoridade competente.
Non obstante, se ó carecer de
embarcación propia adoptase o
sistema de alugamento ou outra modalidade,
ou non dispuxese da titulación
requirida, poderá patronear a
embarcación un patrón
profesional e un mariñeiro axudante.
Estes en ningún caso poderán
participar en momento ningún
nas faenas de pesca, sendo motivo de
descualificación automática,
se se comproba que ditos profesionais
manexan os aparellos de pescar en acción
de pesca, durante a celebración
da proba.
10. Farase a inscrición
da embarcación, que deberá
estar despachada pola Capitanía
de Mariña.
11. Deberá levar
a bordo a documentación regulamentaria
e irá provista dos sistemas de
seguridade correspondentes á
súa clase.
12. Previamente á
saída, a organización
resérvase o dereito a inspeccionar
os barcos participantes no campionato,
para evitar posibles fraudes (pesca
a bordo, palangres, etc.).
13. É
obrigatorio estar en posesión
da licenza de pesca do ano en curso.
O Club Náutico de Portonovo xestionará
a tramitación da mesma ós
participantes que a soliciten na oficina
do Club antes do día 20 de agosto
de 2005.
14. A zona onde cada
embarcación elixa para realizar
as capturas é libre, exceptúandose
aquelas nas que non estea permitido
o fondeo pola Autoridade de Mariña.
Respectarase aquela zona que comprometa
a pesca doutra embarcación. Manterase
un especial resgardo sobre aquelas embarcacións
que entrasen en combate.
15. A xornada de pesca
será na modalidade de fondeo,
polo que deberán estar fondeadas
para realizar as capturas, podendo cambiar
de posición cantas veces precise.
16. En acción
de pesca soamente se permitirá
unha cana, se ben cada participante
poderá ter en reserva as que
considere precisas para intercambialas.
As canas de reserva non poderán
estar cebadas, salvo cando se realice
un cambio, para o que retirará
a que teña en acción de
pesca. As canas estarán constituídas
por un máximo de tres anzois.
Quedan prohibidos os anzois que teñan
máis dun garfo e as poteiras.
17. Autorízanse
como cebos soamente os naturais en estado
vivo ou en conserva. Esta conserva non
poderá ter ningunha clase de
aditamentos de orixe química.
Queda, pois, terminantemente prohibido
o uso de cebos artificiais.
18. Durante o tempo
de realización das probas, tódalas
embarcacións deberán estar
á escoita na banda de radio VHF
na canle que fixe o xurado, desde a
que se darán instrucións
ó inicio da proba.
19. Calquera incidencia
ou abandono da proba antes do límite
deberá comunicarse por radio
ó xuíz da proba.
20. O tempo límite
é de 5 horas desde o momento
no que se dá a saída ata
a entrada a porto. Considérase
en tempo 15 minutos sobre a hora máxima.
Os participantes, ó chegar a
porto, deberán pasar polo control
de sinaturas.
ESPECIES
21. Quedan prohibidas
en pesada as seguintes especies: os
cefalópodos (polbo, lura, choco,
etc.) e outros como muxel, anguía,
congro, morena e similares. Serán
válidos e poderán capturarse
tódalas especies restantes que
habitan na ría, aténdose
ás normas de pesca en tallas
que edita a Consellería de Pesca
Marisqueo e Acuicultura, e serán
admitidas na seguinte escala de pesos
mínimos:
1º.- Robalos,
robalizas (lubinas) e abadexos (corbelos)
con peso mínimo de..........
200 gr.
2º.- As demais
especies, salvo as excluídas
cun peso mínimo de ............................
300 gr.
22. A organización,
pensando na conservación das
especies e na deportividade dos participantes,
non terá en conta no concurso
as especies menores de 20 centímetros.
23. Non se poden capturar
máis de 5 Kg, máis unha
peza, segundo as normas do decreto 211/99
publicado no D.O.G. nº 139 de 21
de xullo de 1999.
24. Cada equipo participante
procurará por si mesmo o refrixerio,
xantar ou inxestión de alimentos
durante a proba.
PESAXE
25. Efectuarase nos
locais da Lonxa de Portonovo co seguinte
baremo:
Para as clasificadas
na norma primeira, 2 puntos por peixe
válido e 5 puntos por cada gramo
de peso.
Para as da norma segunda,
1 punto por peixe válido e 2
puntos por cada gramo de peso.
DESCUALIFICACIÓN
26. O xurado entenderá
a NON COMPARECENCIA DUN PESCADOR CON
CAPTURAS Á PESAXE como autodescalificación.
RECLAMACIÓNS
27. Unha vez o xurado
levante acta despois da pesada, quedará
un prazo de 15 minutos para expoñer
unha reclamación.
Estas deberán
efectuarse por escrito e por un só
pescador.
INSCRICIÓNS
28. As inscricións
poderán realizarse ata as 20:00
horas do día 25
de agosto de 2005 por escrito,
por fax ou por correo
electrónico, axuntando fotocopia
do ingreso en conta, se fose este o
sistema elixido, debendo estar a documentación
en posesión do Club Náutico
ó termo da hora antes citada.
Club Náutico
de Portonovo
C/ Rafael Pico, nº 44
36970 – Portonovo (Pontevedra)
Correo electrónico: nauticoportonovo@hotmail.com
Teléfono: 986 72 32 66
Fax: 986 723 266
Contas bancarias
Caixanova 2080 0455 04 0040109580
Banesto 18 0030 6212 0000012271
29. En caso de pagar
a través de transferencia bancaria,
deberá facerse constar Campionato
Rodman de pesca de altura e o nome do
concursante e embarcación.
30. O prezo da inscrición
será de 5 € por
embarcación.
31. Calquera modificación
na disposición dos participantes
por embarcación deberá
ser presentada ante o xuíz da
proba, no momento do control de sinaturas
de saídas.
XURADO
32. O xurado estará
composto por:
- XUÍZ DA PROBA
- SECRETARIO
- VOCAIS
33. Os nomes das persoas
que forman parte do xurado estarán
expostos no taboleiro de anuncios do
Club Náutico de Portonovo, antes
do comezo do concurso.
PREMIOS
34. Entregaranse os
seguintes premios:
• PREMIO Ó CLASIFICADO
CON MAIOR NÚMERO DE PUNTOS
EN TOTAL DE PEZAS (EMBARCACIÓN)
• TROFEO Ó MAIOR NÚMERO
DE PEZAS (EMBARCACIÓN)
• TROFEO Á PEZA DE MAIOR
TAMAÑO (individual)
Cada concursante só poderá
optar a dous premios. A puntuación
obtida dividirase polo número
de tripulantes de cada embarcación.,
no caso do premio ó maior número
de pezas.
ENTREGA DE PREMIOS
35. A entrega de premios
realizarase durante unha merenda-cea
nun lugar a determinar pola organización,
onde se fará unha grellada coas
especies seleccionadas do concurso.
36. O Club non se responsabiliza
da falta da documentación ou
permisos dos participantes e das correspondentes
embarcacións. Infrinxir esta
norma será motivo de descualificación;
e de xurdir calquera clase de accidentes
ou danos a persoas ou cousas, serán
da súa enteira responsabilidade.
37. A organización
do campionato resérvase o dereito
de modificar algunhas das normas citadas
con anterioridade, se así o esixiran
as circunstancias, en caso extremo,
o que se notificaría no seu momento
coa maior antelación posible
para o oportuno coñecemento de
tódolos participantes.
|