|
O Club
Náutico de Portonovo organiza
o
CAMPEONATO DE PESCA DE ALTURA
DESDE EMBARCACIÓN FONDEADA
a celebra-lo día
3 de agosto de 2003.
B A S E S
1. Este campeonato celebrarase
unha sola manga a disputar na data anunciada
anteriomente.
2. A proba terá
unha duración de 6 horas contadas
desde o momento no que o Xuíz
da proba, de a saída no Porto
de Portonovo.
3. Existirá un
control de sinaturas dos participantes
tanto á saída como á
chegada.
4. As embarcacións
dos participantes deberán estar
amarradas no porto de Portonovo no lugar
que fixe a organización antes
das 9,15 horas da mañá,
para elo o Club Náutico de Portonovo
proporcionará o persoal de mariñería
para recolle-los barcos nos fondeos
e axudar nas manobras de atraque.
5. Ás 9,15
horas, abrirase o control de
sinaturas de tódolos parcipantes,
no peirao de Portonovo.
6. Ás 9,45
horas o xuíz da proba
dará a saída oficial ás
embarcacións, iniciándose
nese momento ó cálculo
das 6 horas para o desenrolo da proba.
7. As embarcacións
poderán levar ata cinco participantes,
sin sobrepasa-lo límite autorizado
pola Autoridade Marítima para
cada embarcación, un patrón
e catro tripulantes. O patrón
da embarcación poderá
ser a súa vez participante no
concurso.
8. Cada participante deberá indicar
ó face-la inscrición,
o nome da embarcación na que
vai a competir.
9. Cada equipo terá
un Capitán, que será a
persoa que figure ó inicio da
relación nominal da folla de
inscrición ó concurso,
o que, por esixilo así
as disposicións vixentes sobre
navegación deportiva deberá
estar en posesión da titulación
correspondente expedida pola Autoridade
competente. Non obstante, si
ó carecer de embarcación
propia, adóptase o sistema de
aluguer ou outra modalidade, ou non
non dipoñese da titulación
requerida, poderá patronea-la
embarcación un patrón
profesional e un mariñeiro axudante.
Estes en ningún caso poderán
participar en momento algún,
nas faenas de pesca sendo motivo de
descualificación automática,
si se comproba que ditos profesionais
manexan os aparellos de pescar en acción
de pesca, durante la celebración
de la proba.
10. Farase a inscripción
da embarcación, que deberá
estar despachada pola Capitanía
de Mariña.
11. Deberá levar
a bordo a documentación regulamentaria
e irá provista dos sistemas de
seguridade correspondentes á
súa clase.
12. Previamente á
saída, a organización
reservase o dereito a inspeccionar os
barcos participantes no campionato,
para evitar posibles fraudes (pesca
a bordo, palangres, etc...).
13. É
obrigatorio estar en posesión
da licencia de pesca do ano en curso.
O Club náutico de Portonovo xestionará
a tramitación da mesma, os participantes
que a soliciten na oficina do Club antes
do día 24 de xullo de 2003.
14. A zona onde cada
embarcación elixa para realiza-las
capturas é libre, se exceptúan
aquelas nas que non estea permitido
o fondeo pola Autoridade de Mariña.
15. A xornada de pesca
será na modalidade de fondeo,
polo que deberán estar fondeadas
para realizar as capturas, podendo cambiar
de posición cantas veces precise.
16. En acción
de pesca soamente se permitirá
unha caña, si ben cada participante,
poderá ter en reserva as que
considere precisas para intercambia-las.
As cañas de reserva non poderán
estar cebadas e so o poderán
estar, en caso de que o pescador decida
o seu cambio; para o que retirará
a que teña en acción de
pesca. As cañas estarán
constituídas por un máximo
de tres anzois. Quedan prohibidos os
anzois que teñan máis
dun garfo e as poteiras.
17. Autorízanse
como cebos, soamente os naturais en
estado vivo ou en conserva. Esta conserva
non poderá ter ningunha clase
de aditamentos de orixe químico.
Queda pois terminantemente prohibido
o uso de cebos artificiais.
18. Durante o tempo
de realización das proba tódalas
embarcacións deberán estar
á escoita na banda de radio VHF
no canal que fixe o xurado, cuias instruccións
dará o xuíz ó inicio
da proba.
19. Calquera incidencia
ou abandono da proba antes do límite,
deberá comunicarse por radio
ó xuíz da proba.
20. O tempo límite
é de 6 horas desde o momento
no que se dá a saída ata
a entrada a porto. Se considera en tempo
15 minutos sobre a hora máxima.
Os participantes ó chegar a porto
deberán pasar polo control de
sinaturas.
ESPECIES
21. Quedan prohibidas en pesada
as seguintes especies: os cefalópodos
(pulpo, calamar, choco, etc.) e outros
como muxel, anguía, congro, morena,
e similares. Serán válidos
e poderán capturarse tódalas
especies restantes que habitan na Ría
aténdose ás normas de
pesca en tallas que edita a Consellería
de Pesca Marisqueo e Acuicultura e serán
admitidas na seguinte escala de pesos
mínimos
1º.- Salmónidos,
robalos, robalizas (lubinas) e abadexos
(corbelos) con peso mínimo
de ..................... 200 gramos
2º.- As demais
especies, salvo as excluídas
con un peso mínimo de ....................................................
300 gramos
22. A organización
pensando na conservación das
especies e na deportividade dos participantes
non terá en conta no concurso
as especies menores de 20 centímetros.
23. Non se poden capturar
máis de 5 Kg, máis unha
peza, segundo as normas do decreto 211/99
publicado no D.O.G. nº 139 de 21
de xullo de 1999.
24. Cada equipo participante
procurará por si mesmo o refrixerio,
xantar ou inxestión de alimentos
durante la proba.
PESAXE
25. Efectuarase nos locais da
Lonxa de Portonovo co seguinte baremo:
Para as clasificadas
en la norma primeira 300 puntos por
pez válido e 6 puntos por cada
gramo de peso.
Para as da norma segunda
250 puntos por pez válido e
2 puntos por cada gramo de peso.
Club Náutico
de Portonovo
C/ Rafael Pico, nº 44
36970 - Portonovo (Pontevedra)
Correo electrónico: nauticoportonovo@hotmail.com
Telefono: 986 72 32 66
Fax: 986 723 266
Contas bancarias
- Caixa nova...... 2080
0455 04 0040109580
- Banesto.......... 18
0030 6212 0000012271
29. En caso de pagar
a través de transferencia bancaria,
deberá facerse constar Campionato
Rodman de pesca de altura e o nome do
concursante e embarcación.
30. O prezo da inscrición
será de 5 € por participante
e 5 € por embarcación.
31. Calquera modificación
na disposición dos participantes
por embarcación, deberá
ser presentada ante o xuíz da
proba, no momento do control de sinaturas
de saídas.
XURADO
32. O xurado estará composto
por:
XUÍZ DA PROBA
SECRETARIO
VOCAIS
33. Os nomes das persoas
que forman parte do xurado estarán
expostos no taboleiro de anuncios do
Club Náutico de Portonovo, antes
do comezo do concurso.
PREMIOS
34. Existirán os seguintes
premios:
- TRES PREMIOS ÓS CLASIFICADOS
CON MAIOR NUMERO DE PUNTOS EN TOTAL
DE PEZAS (EMBARCACIÓN)
- TROFEO Ó MAIOR NÚMERO
DE PEZAS (EMBARCACIÓN)
- TROFEO Á PEZA DE MAIOR TAMAÑO
(individual)
ENTREGA DE PREMIOS
35. A entrega de
premios realizarase durante unha merenda-cea
que terá lugar no a determinar
pola organización, donde se fará
unha parrillada coas especies seleccionadas
do concurso.
36. O Club non se responsabiliza
da falta da documentación ou
permisos dos participantes e das correspondentes
embarcacións. Infrinxir esta
norma será motivo de descalificación,
e de xurdir calquera clase de accidentes
ou danos a persoas ou cousas, serán
da súa enteira responsabilidade.
37. A organización
do campionato reservase o dereito de
modificar algunhas das normas citadas
con anterioridade, si así o exixiran
as circunstancias, en caso extremo,
o que se notificaría no seu momento
coa maior antelación posible
para o oportuno coñecemento de
tódolos participantes.
|