PAXINA PRINCIPAL
Historia do Club
Xunta Directiva
HISTORIASITUACIONSERVICIOSAPUNTESACTIVIDADESENLACESGALERIA FOTOGRAFICA

HISTORIA DO CLUB

O Club Náutico de Portonovo foi fundado o 15 de agosto de 1992 nunha asemblea celebrada nos locais da lonxa de Portonovo por corenta persoas afeccionadas ós deportes náuticos, co anceio de fomentalos na zona. Está ubicado na localidade pontevedresa de Portonovo, municipio de Sanxenxo. O seu primeiro presidente foi D. Juan Salle Barreiro Pérez.

Foi desde o inicio unha sociedade moi apegada a Portonovo coa pretensión de servir de lugar de encontro dos seus habitantes cos socios que chegan de fóra unidos por unha mesma paixón: o mar. O Náutico adoptou como gallardete o escudo de Portonovo: dous remos cruzados sobre unha cruz amarela e branca con fondo azul.

Comenzou cun servicio de bote durante os meses de verán pero o incremento de socios e por tanto de demanda fixeron preciso amplialo ós doce meses do ano.

Os seus fins fundacionais son, entre outros, a potenciación na sua área de influencia dos deportes náuticos, moi especialmente a vela, a pesca e o buceo que contan coas suas respectivas seccións deportivas, federadas xa as de vela e actividades subacuáticas.

Na actualidade, o Club Náutico conta con 160 socios e as súas familias e 145 embarcacións. Catro persoas atenden, de maio a outubro, as necesidades do Club, reducíndose á metade o resto do ano. A sede social provisional está ubicada na rúa Rafael Picó 44, 1º . Mantense aberta todo o ano.

Desde 1993 unha escola de vela tenta consolidar este deporte entre os máis novos. A flota da que dispón o Náutico é de trece embarcacións: 6 optimist, 4 cadetes, un raquero e dúas embarcacións neumáticas auxiliares.

No marco das competicións de vela de crucero, o Club organiza desde hai seis anos, no mes de agosto, a regata Trofeo Hotel Galatea, de dous dias de duración incluida no calendario da Federación Galega de Vela.

A principios do 2002 creouse a sección de actividades subacuáticas na que se imparten clases de buceo recrativo, dotada cun compresor Coltri MCH 16 estándar e material para saídas de buceo.


inicio

XUNTA DIRECTIVA

Presidente
Fco. Javier Ruiz de Cortázar Díaz

Secretario
José Carlos García Bouzas
Comodoro
José Luis Pérez Sobral
Tesoreiro
Francisco Martínez Alvariñas
Vocais

Manuel Angel Jorreto Veiga
Salustiano Garcia Iglesias
Angel Curras Fernández

 

inicio

Compresor Coltri estándar


(C) 2002 Club Náutico Portonovo - Rúa Rafael Picó, 44 - 36970 Portonovo - Pontevedra - Tel. +34 986 723 266
e-mail nauticoportonovo@hotmail.com - Deseño web: AVA Soluciones Tecnológicas

PAXINA PRINCIPAL