PAXINA PRINCIPAL
   
 
APUNTES,
CONSELLOS E NORMATIVA
Embarcacións
Submarinismo
HISTORIASITUACIONSERVICIOSAPUNTESACTIVIDADESENLACESGALERIA FOTOGRAFICA

SALVAMENTO MARÍTIMO

Recomendacións básicas para embarcacións de recreo

Antes de levantar áncora

Infórmese das previsións meteorolóxicas para a zona onde pretenda navegar, evitando a saída en caso de mal tempo ou de mala visibilidade.

O Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM), as Estacións Radiocosteiras de Telefónica e os Centros de Salvamento Marítimo difunden Boletíns Meteorolóxicos de forma permanente: acuda a eles a través do teléfono ou das emisións de radio.

Manteña e revise coidadosamente a súa embarcación usando a lista de comprobación ou "check list", principalmente: carburante, motor, sistema eléctrico, equipos de navegación e comunicacións, aparellos, sistemas de seguridade, etc.

Recorde que máis do 50% das emerxencias provocadas polas embarcacións de recreo están motivadas por erros mecánicos ou estructurais.

Deixe información en terra dos seus planes de navegación e das características da súa embarcación: na Capitanía Marítima, no seu Club Náutico, a familiares ou amigos. Non altere este plan salvo caso de forza maior.

inicio

 

Asegure a súa embarcación e os tripulantes

Manteña unha vixilancia constante e respecte as Normas do Regulamento Internacional para previ-las abordaxes no mar.

Permaneza atento á evolución do clima. En caso de empeoramento inesperado non asuma riscos e busque refuxio. Faga que a súa tripulación leve arneses de seguridade e postos os chalecos salvavidas.

Respecte o uso do Canal 16 de VHF e manteña unha escoita permanente.

inicio


Ante unha situación de emerxencia

Se a embarcación se encontra en grave e inminente situación de perigo, transmita o sinal de socorro MAYDAY, MAYDAY, MAYDAY, mediante o Canal 16 VHF ou a frecuencia 2.182 Khz en onda media. Se dispón de radiobaliza, actívea manualmente.

Se precisa axuda urxente, pero non está en perigo inminente, deberá emiti-lo sinal PAN, PAN, PAN, nas mesmas frecuencias antes citadas.

Lembra que o uso da telefonía móbil para facer unha chamada de socorro ten o inconveniente do seu limitado alcance e da difícil localización da posición de chamada por parte dos servicios de Salvamento Marítimo.

Se usa o VHF, os sistemas de radiogoniometría poderán localizar a súa posición exacta de forma automática.

Conserve en lugar visible da súa embarcación a contraportada deste documento. Axudaralle en caso de emerxencia.

Se non dispón de medios de comunicación (algo que debería facerlle reflexionar sobre a súa seguridade), utilice os sinais de socorro regulamentarios: bengalas, bandeiras, botes de fume, sinais acústicos, etc.

En caso de soluciona-la emerxencia polos seus propios medios, despois de facer unha chamada de socorro, avise ós medios de salvamento para poñer fin á emerxencia; pode desencadear unha complexa e custosa operación de busca e salvamento.

Se non puido resolve-la situación, non abandone o barco se non é en caso extremo. No caso de volcar permaneza nas proximidades para ser localizado máis facilmente. Non intente gaña-la costa a nado.

inicio

 

Si avista ou recibe sinais doutra embarcación en perigo


Acuda rapidamente no seu auxilio, sempre que non poña en perigo a súa propia seguridade.

Póñase en contacto (Canal 16 ou 2.182 Khz) co Centro de Salvamento Marítimo ou Estación Radiocosteira máis próxima e contacte con outros buques nas súas proximidades.

Se non dispón de medios de comunicación, advirta a outras embarcacións próximas por medio de sinais de socorro. Se non pode prestar axuda, diríxase ó porto máis próximo para informar da situación.

inicio

 

 

 

(C) 2002 Club Náutico Portonovo - Rúa Rafael Picó, 44 - 36970 Portonovo - Pontevedra - Tel. +34 986 723 266
e-mail nauticoportonovo@hotmail.com - Deseño web: AVA Soluciones Tecnológicas

PAXINA PRINCIPAL