|
PESCA SUBMARINA
Qué
non se pode facer
- Obstaculiza-las
tarefas da pesca profesional. Manter
unha distancia mínima de
100 m. das embarcacións e
artes profesionais.
- Pescar en canles
de acceso a portos e ó seu
interior, e a menos de 250m de lugares
frecuentados por bañistas.
- Pescar entre a
posta e a saída do sol.
- Comercializa-las
capturas.
- Pescar máis
de 5 Kg. Por pescador e día
ou 25 por embarcación.

LEMBRA
Asemade
da documentación precisa, é
obrigatorio levar unha boia de sinalización
de superficie e a bandeira alfa na embarcación
(ademais das titulacións pertinentes
e o seguro obrigatorio).
En Galicia
existen zonas de pesca ceibes, prohibidas
e reservada. Infórmate no teu
club FEGAS ou nas Delegacións
da Consellería de Pesca e Asuntos
Marítimos. Pide o teu exemplar
DE BALDE de "Pesca recreativa en
Galicia", onde tamén encontrarás
a lista de especies e tallas permitidas.
A ética
deportiva impón ter unha convivencia
cordial cos profesionais do mar.
É
axeitado recibir instruccións
sobre primeiros auxilios e accidentes
no medio mariño.
A pesca
submarina é a modalidade máis
selectiva que existe. Practícase
a pulmón libre (apnea) e é
respectuosa coa natureza do medio mariño.
Si a
túa paixón é a
pesca submarina e che gusta o mar, non
dubides en contactar con nos para que
che contemos todo o que te podemos ofrecer.
Fedérate
a través de calquera club de
Galicia, ademais de cubrir o teu seguro
obrigatorio, poderás competir
e estarás continuamente informado
de todo o que suceda arredor da pesca
submarina a través da revista
ESPACIO SUBMARINO.

Documentación
A documentación
obrigatoria para practicar este deporte,
é a licencia de pesca recreativa
subacuática. Para tramita-lo
precisarás: un certificado médico,
DNI ou pasaporte, LICENCIA FEDERATIVA
(ou licencia de armas e/ou póliza
de seguro de accidentes) e xustificante
de que se pagou a taxa correspondente.
Consigue
a túa licencia federativa no
teu club ou na propia federación.
A documentación
pódese tramitar en calquera club
inscrito na federación galega.

|