|
INSPECCIÓN
DE EMBARCACIÓNS DE RECREO
R.D. 1434/1999
(BOE DE 11 DE SETEMBRO DE 1999, Nº
218)
Ata o 11 de marzo de 2000,
os preceptivos recoñecemtnos
e inspeccions a que deben someterse
as embarcacións de recreo, cuio
resultado favorable permite a expedición
ou renovación do Certificado
de Navegabilidade, eran executadas pola
Administración Marítima.
A partir
de esa data, o recoñecemento
inicial continuará sendo efectuado
pola Administración Marítima.
As demáis inspección e
recoñecementos serán executadas
polas Entidades.
Comprobación,
por parte da Administración Marítima,
de que os buques e embarcacións
civís cumpren con tódolos
requisitos esixidos polas normas legais
para poder navegar.
¿Deben
despacha-las embarcacións de
recreo?
É
obrigatorio o Despacho para as embarcacións
españolas non exentas, e para
as estranxeiras de aluguer con base
en España.
¿Qué
embarcacións están exentas
de Despacho?
- As exentas de matriculación.
- As motos náuticas,
as propulsadas a remo, os artefactos
flotantes, etc.
- As da 7ª lista
ata 6 metros de eslora.
- As da 7ª lista
a vela dedicadas exclusivamente a
competición.
¿Cómo
se despachan as embarcación de
recreo?
I.
Embarcacións da lista 6ª
e 7ª, de menos de 24 metros de
eslora, sin tripulación profesional:
Lugar: Na Capitanía Marítima.
Documentos:
O Rol ou a Licencia de Navegación,
onde se anotará o título
necesario para o seu goberno e o número
máximo de persoas que a embarcación
poda levar.
2.
Embarcación de máis de
24 metros de eslora:
Teñen
consideración de buques, por
tanto se despachan como os buques mercantes.
Lugar:
Na Capitanía Marítima
3.
Embarcación con tripulación
profesional:
Despáchanse
como os buques mercantes.
4.
Embarcación estranxeiras de aluguer
con base en España:
As matriculadas
nun Estado membro da Unión Europea
despacharanse como as españolas,
pero utilizando a licencia de Navegación
segundo modelo da O.M. de 4 de decembro
de 1985.
As matriculadas
en terceiros países despacharanse
segundo dita O.M.
As embarcacións
estranxeiras de máis de 24 metros
de eslora tamén se consideran
buques e despacharanse como os buques
mercantes estranxeiros.
RECORDE
A documentación
acreditativa de que a embarcación
está debidamente despachada debe
obrar a bordo en todo momento durante
a navegación.
A persoa
que exerza o mando da embarcación
debaerá levar en todo momento
a titulación que lle faculta
para elo.
A Capitanía
Marítima informara adecuadamente
e facilitará os impresos e documentos
precisos para o despacho.
A navegación,
carecendo de Despacho, constitúe
infracción grave de acordo co
disposto no Regulamento sobre Despacho
de Buques, aprobado por O.M. de 18 de
xaneiro de 2000.
Os títulos
de náutica de recreo son exclusivamente
para o goberno de estas embarcacións,
non podendo percibir retribución
algunha polo seu uso.
|