novas
EGANET entrega os seus premios perante máis de 200 representantes do noso sector TIC
(17/12/2009)
EGANET, como cada ano, mobilizou ao sector TIC galego para elixir ás empresas, entidades, organizacións e persoeiros que máis e mellor traballaron ao longo do ano por afianzármonos un pouquiño máis no tecido innovador e por deixar unha pegada nosa, perfectamente recoñecible, nese tecido.
Tanto os premiados como os obxectivos estratéxicos das empresas TIC que integran EGANET foron desvelados no transcurso dunha gala que reuniu (malia as inclemencias do tempo) a máis de 200 persoas en Santiago e que contou coa presenza activa da presidenta da dita asociación empresarial, Beatriz Legerén, encargada de dar a benvida a asistentes e participantes.
A empresa AVA Soluciones Tecnológicas SL quedou finalista na categoría de Empresa con mellor ambiente laboral e na categoría E-Commerce polo proxecto de Programa de Puntos - Terra de Melide (Fidelimelide).
O número de firmas e entidades que competiron foi de 135, constituíndo un total de 221 candidaturas nas diferentes categorías.
Por certo que o responsable de pórlle ao acto o punto e final foi Víctor López, da empresa AVA Soluciones Tecnológicas SL, responsable de Administración Dixital e directivo de EGANET, quen aproveitou a ocasión para pedirlles máis compromiso a tódolos axentes implicados no impulso do sector TIC galego, en especial as administracións, ás que animou a fixar a súa atención nas necesidades e no potencial do dito tecido produtivo, sobre todo á hora de planificar e xestionar as políticas sectoriais. Víctor López cualificou como grande oportunidade de impulso ao dito eido empresarial o inminente afianzamento da Administración Electrónica, de aí que alentara aos representantes das institucións públicas presentes na gala “a investir e non a coartar a ocasión para que Galicia se dote de mellores e máis eficaces servizos administrativos, creando riqueza e emprego no país”. Asemade, aproveitou a oportunidade para ofrecer, dende EGANET e as compañías que representa, o apoio e cooperación que sexan precisos.
Enlace web:
Fonte: CodigoCero.com
[VOLVER]
|