novas
O comecio implantará unha tarxeta de fidelización
(10/10/2007)
Negreira. Medio centenar de comerciantes locais participaron o luns nunha charla sobre novas tecnoloxías aplicadas ao pequeno comercio, que impartiu Alejandro Rivas, enxeñeiro informático e fundador da empresa Ava Soluciones Tecnolóxicas, do viveiro de empresas de Uninova.
A charla foi promovida pola Federación do Comercio de Santiago e a asociación local do comercio, que para o ano ten previsto pór en marcha un cartón de fidelización de clientes que será compatible coas que utilizarán os centros comerciais abertos Compostela Monumental, Asetem de Melide e o de Padrón. Ramiro Furelos, presidente do comercio local, destacou a importancia da charla impartida.
Enlace web:
La Voz de Galicia, 10/10/2007
[VOLVER]
|