novas
Sete empresas de Compostela e a súa comarca aspiran os premios Eganet sobre novas Tecnoloxías
(18/05/2008)
Sete empresas afincadas en Santiago e comarca optan a algún dos premios que convoca a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet), que se entregan o vindeiro xoves no Hotel Monumento San Francisco.
En concreto, as compañías Ontouch e Thermosentilnel aspiran a un galardón na categoría de E-emprendedores; Sixtema participa na modalidade de software libre; Imaxin Software ao premio cultura dixital pola campaña A granxa de Venancio ; AVA á categoría sociedade web pola campaña Brión dixital ; Tredess 2010 á modalidade aplicación en liña e finalmente Serviweb Networks ao premio e-commerce. Salvo esta última, que está fincada no concello de Ames, o resto están situadas na capital de Galicia
Enlace web:
La Voz de Galicia, 18/05/2008
[VOLVER]
|