a empresa
AVA Soluciones Tecnolóxicas SL é unha empresa situada en Santiago de Compostela (España), nada baixo o auspicio de Uninova, da Universidade de Santiago de Compostela. A idea empresarial na que se basea AVA foi premiada no Primeiro Concurso de Ideas de Base Tecnolóxica organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001, e obtivo a certificación como empresa IEBT (Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica, Xunta de Galicia) en 2002.
Como consultora en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), pretendemos facer chegar a medianas e pequenas empresas as novas tecnoloxías, achegando as solucións que máis se adaptan a cada caso. Para iso contamos cun equipo multidisciplinar formado en todo os ámbitos das novas tecnoloxías: redes de comunicacións, antenas e radio-frecuencia; electrónica, redes de computadores e linguaxes de programación avanzados; telecomunicacións e telefonía móbil; deseño gráfico, multimedia e creación de espazos web.
O Equipo
O equipo humano da empresa está formado por licenciados con ampla experiencia en electrónica e computación, informática, teledetección e sistemas de información xeográfica, apoiados por técnicos especialistas en Comercio Internacional.
|