Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos
A Consellaría de Innovación e Industria abriu o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais a través das entidades colaboradoras coa Consellaría, cuxo listado se publicou no DOG de 9 de outubro de 2008.
A axuda á adquisición de ordenadores pode acadar o 45% do importe do ordenador, ata un máximo de 350 euros. O investimento total que orza esta liña de axudas é de 1,66 millóns de euros, que poderá beneficiar uns 5.000 traballadores por conta propia dados de alta no réxime especial de autónomos.
Para a obtención da axuda, os traballadores deberán mercar o equipamento nalgunha das 32 entidades colaboradoras que recolle do devandito DOG que cumpriron cos requisitos da orde de convocatoria publicada en xullo deste ano e coas que o conselleiro de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración.
A tramitación das axudas é integramente telemática. O traballador só ten que presentar o DNI e o último recibo da Seguridade Social nalgunha das entidades colaboradoras e aboar o importe da factura xa descontada a subvención.
Os equipos informáticos que adquiran os traballadores autónomos contan con ferramentas ofimáticas de sofware libre de xeito gratuíto, con independencia de que dispoñan doutras aplicacións de pago que poidan interesar ao traballador.
Beneficiarios
Traballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás determinadas categorías de autónomos do comercio retallista (consultar táboa).
IAE excluídos da subvención:
641 |
642 |
643 |
644 |
645 |
647.1 |
647.2 |
647.3 |
651 |
652.2 |
652.3 |
652.4 |
653 |
654.2 |
654.5 |
657 |
659.2 |
659.3 |
659.4 |
659.5 |
659.6 |
659.7 |
661.3 |
662.2 |
Actuacións subvencionables e non subvencionables
- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
- O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
- O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
- Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
Intensidade da axuda
- A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante.
- O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.
Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos.
- Fotocopia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fotocopia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (Fotocopia do último TC1 pagado).
- Tamén deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa inscrito para a súa actividade económica. Posteriormente deberá asinar unha declaración na que se responsabiliza da veracidade dos datos e autoriza á Consellería á verificación de ditos datos tributarios.
Pode obter máis información na seguinte dirección:
|