LA EMPRESA SERVICIOS CLIENTES NOTICIAS gsBASE SALA DE PRENSA CONTACTO
INICIO
   
 

Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos

A Xunta de Galicia ven de aprobar o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, coa misión de contribuír activamente ao desenvolvemento sustentable de Galicia, de xeito que se garanta de forma real a compatibilidade entre o crecemento económico, e a creación de emprego de calidade, os maiores niveis de progreso e cohesión social no conxunto da cidadanía galega, e a preservación do medio ambiental, cultural e lingüístico propio.

O PEGSI 2007-2010 estrutúrase nun conxunto de estratexias operativas, entre as que se atopan, dúas estratexias de fondo contido empresarial. En primeiro lugar a estratexia destinada á “Aplicación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) polo Tecido Empresarial”, co obxecto de que as Pemes, entre as que se atopan os traballadores por conta propia, adecúen o seu xeito de facer negocio aos novos usos que determina a Sociedade da Información, non só incorporando tecnoloxía, senón en moitos casos reformulando os modelos e procesos de negocio. En segundo lugar a estratexia “Interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto” que promove o uso dos estándares abertos para garantir a autonomía tecnolóxica do tecido empresarial galego e fomentar a súa capacidade de innovación.

AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS, S.L  con C.I.F.: B15845480 e domicilio en Lugar As Galanas s/n - Calo - TEO ( A Coruña ), firmou o convenio de colaboración ca Consellería de Innovación e Industria para a promoción do acceso empresarial á sociedade da información en Galicia entre os traballadores por conta propia dados de alta no réxime especial de traballadores autónomos, con suxeición ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

  NOTICIAS

 
  Información:  
 


- Resumo da axuda

- Obxectivos
- Investimentos subvencionables
- Documentación a entregar
- Desenvolvemento da
    axuda

- Exemplos de ofertas de
    portátiles e sobremesa

- Preguntas frecuentes
- Máis información [link]
    (Consellería Industria)


 
  Contacto:  
 

AVA - Marta García
email autonomos@avaforum.com
TELEFONO TEL. 981 936 321

 
  Descargas:  
 


doc Bases da axuda
doc ANEXO A: ACEPTACION DE CONDICIONS POLO BENEFICIARIO
doc ANEXO B: EXEMPLOS E INFORMACION PARA A CONTABILIDADE
doc Ofertas de AVA
doc Orde da axuda (DOGA)

 

FEDER

 
 
Logotipos Xunta de Galicia FEDER
 

 

    (c) AVA Soluciones Tecnológicas, S.L. 2003, Todos los derechos reservados
AVA WWW.AVAFORUM.COM