Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos
Cálculo da axuda correspondente( 45%, máx 350 €).
O importe da axuda é calculado automáticamente en cada solicitude por esinxelo3 ao introducir a base impoñible. De todos xeitos, tal coma xa se comentou que existe un erro na táboa facilitada no convenio, se lles achega esta táboa corrixida para solventar calquera dúbida.
|
Investimento
menor 777,78 € |
Investimento
igual a 777,78 € |
Investimento
maior 777,78 € |
Investimento subvencionable
(base impoñible) |
600 € |
777,78 € |
1.000 € |
Subvención (45% - ata 350 €) |
270 € |
-350 € |
-350 € |
IVE 16% sobre a base impoñible |
96 € |
124,44 € |
160 € |
Total a pagar polo beneficiario |
426 € |
552,22 € |
810 € |
Traballadores por conta propia que non están dados de alta no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos)
Os autónomos que non estén dados de alta no RETA, e non podan acreditalo co último recibo mensual de pagamento, non poden acceder ás axudas. Varias colaboradoras consultan sobre dita circunstancia, polo que conven aclarar que:
2.1. Traballadores agrarios.
Os traballadores por conta propia agrarios están incluídos dentro do RETA, de acordo á la Ley 18/2007, de 4 de julio, por la que se procede a la integración de los trabajadores por cuenta propia del Régimen Especial Agrario de la Seguridad Social en el Régimen Especial de la Seguridad Social de los Trabajadores por Cuenta Propia o Autónomos.
As cuotas dos recibos mensuais poden ter reduccións que as diferencien dos autónomos non agrarios, e que chamen a atención á entidade colaboradora como recibos distintos, mais o traballador por conta propia agrario sí que está incluído dentro dos posibles beneficiarios.
2.2. Traballadores do mar.
O Réxime especial de traballadores do Mar non está incluído no RETA, polo que non é obxecto da axuda. Pese a que este réxime inclúe a traballadores por conta propia e a traballadores por conta allea, non está previsto na convocatoria, polo que non poden obter axuda.
2.3. Traballadores mutualistas.
Existen determinados coletivos profesionais colexiados (abogados, arquitectos, etc) que teñen cobertura social mediante determinadas mútuas profesionais. Este tipo de traballadores por conta propia poden manterse só na mutualidade en determinadas circunstancias, pero non teñen obriga de pertencer á mutualidade, e en todo caso poden estar no RETA, polo que no caso de non estar no RETA non poden obter a axuda.
Ante consultas de calquera destes mutualistas “afectados” pódeselle dirixir ao disposto na lexislación na materia, xa que non están obrigados a estar afiliados na súa mutua:
Ley 30/1995, de 8 de noviembre, de ordenación y supervisión de los Seguros Privados que recolle o aquí indicado na Disposición Adicional Decimoquinta.
Traballadores por conta propia que non están dados de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas)
Os autónomos que non estén dados de alta no IAE, e non podan declarar o epígrafe non poden acceder ás axudas. Recórdase que o IAE ten que ser o do traballador, e non de ningunha empresa, sociedade ou comunidade da que forme parte o propio autónomo.
Atopamos algúns exemplos como os administradores únicos das Sociedades Limitadas, ou os membros de Sociedades Civís, ou de Comunidades de Bens. Nestes casos, si os interesados non están dados de alta no IAE por non ter esa obriga, non poden ser beneficiarios das axudas.
Aclaración da RESPONSABILIDADES DO AUTONOMO.
Recórdase que o autónomo é responsable dos datos que facilita e no caso de falsidade, poderá ser requirido para que devolva os cartos á Consellería, independentemente doutras responsabilidades.
Xa que ten que asinar a folla de ACEPTACION, unha vez que a solicitude é Favorable, non está de máis darlle un orixinal ao autónomo xa que é o que ao que se compromete, adicionalmente ao EXEMPLAR DE ACEPTACION que ten que asinar e manter a colaboradora.
|