Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos
Solicitude de avaliación previa
AVA presentará para cada proxecto unha solicitude de avaliación previa ante a consellería. Necesariamente a execución do investimento subvencionable deberá realizarse unha vez obtida a correspondente aprobación previa, non aceptándose investimentos realizados con anterioridade.
O prazo de presentación de solicitudes de avaliación previa por parte das entidades colaboradoras ábrese no ano 2008 a partir do día seguinte da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras, tal como está recollido no artigo 6º das bases reguladoras da Orde do 26 de xuño de 2008. Segundo o devandito artigo, este prazo ábrese no ano 2009 a partir do día seguinte da publicación no DOG da nova relación de entidades colaboradoras.
Documentación
AVA comprobará a idoneidade da documentación dos solicitantes para ser beneficiarios, para o que obterán do solicitante o seguinte:
a) Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
c) Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE, que non poderá atoparse entre as agrupacións e epígrafes que se exclúen nas bases reguladoras por pertencer á actividade de comercio retallista, e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado e alta censual no IAE.
d) Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses.
Unha vez obtida a documentación anterior, AVA solicitará a aprobación previa ante a consellería., unha vez obtido o documento de aceptación de condicións, asinarase o Anexo A por duplicado, un exemplar para o solicitante, e o outro exemplar será arquivado pola AVA.
As solicitudes de avaliación previa revisaranse en función do previsto nas bases reguladoras das subvencións e da adecuación ás condicións xerais do mercado dos investimentos solicitados. A Consellería aprobará, ou non, estas solicitudes previas de axuda en función da revisión efectuada, así como das dispoñibilidades orzamentarias. Atenderanse as solicitudes seguindo a orde de presentación ata esgotar o crédito dispoñible.
No momento en que a Consellería esgote a consignación orzamentaria establecida no artigo 4º das bases reguladoras da Orde do 26 de xuño de 2008, para cada anualidade, porao en coñecemento, non aprobando ningunha nova solicitude, sen menoscabo da tramitación ordinaria das aprobacións previas xa comunicadas.
Adicionalmente, no caso de esgotamento do crédito, a administración publicará no DOG a indicada circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores ao esgotamento do crédito, sen prexuízo de que a administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:
- unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.
- A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
|