LA EMPRESA SERVICIOS CLIENTES NOTICIAS gsBASE SALA DE PRENSA CONTACTO
INICIO
   
 

Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos

Desenvolvemento dos proxectos

Unha vez que un proxecto conte coa aprobación previa, AVA desenvolverá o proxecto conxuntamente co beneficiario e emitirase a preceptiva factura.

A contía da axuda aprobada será adiantada por AVA, no momento da emisión da factura ao beneficiario, como unha redución na cantidade a ingresar do importe total da factura. Esta redución calcularase aplicando a porcentaxe de axuda aprobada sobre o importe da base impoñible do investimento, isto é excluíndo o IVE, e esta contía restarase do importe total a ingresar da factura, polo que a axuda non supón ningunha minoración do IVE ou outros impostos que puidesen gravar o investimento. Achéganse varios exemplos de cálculo da contía de axuda no Anexo B

A aplicación desta porcentaxe de axuda estará en todo caso limitada pola contía máxima de 350,00 €.

O beneficiario deberá realizar o pagamento íntegro da factura, descontando a contía da subvención aprobada, mediante pago con tarxeta bancaria (de débito ou crédito), transferencia, ingreso bancario ou pago en efectivo. Non se considerarán válidas para os efectos de xustificación outras formas de pago como pagarés ou talóns, ni os pagos mediante arrendamento financeiro (renting, leasing, etc).

Conforme ás actividades de sensibilización e divulgación, AVA implantará as ferramentas de Software Libre nos equipos adquiridos, contando como mínimo co navegador de internet (Mozilla Firefox) e aplicativos de proceso de texto e folla de cálculo (OpenOffice).

 

 

  NOTICIAS

 
  Información:  
 


- Resumo da axuda

- Obxectivos
- Investimentos subvencionables
- Documentación a entregar
- Desenvolvemento da
    axuda

- Exemplos de ofertas de
    portátiles e sobremesa

- Preguntas frecuentes
- Máis información [link]
    (Consellería Industria)


 
  Contacto:  
 

AVA - Marta García
email autonomos@avaforum.com
TELEFONO TEL. 981 936 321

 
  Descargas:  
 


doc Bases da axuda
doc ANEXO A: ACEPTACION DE CONDICIONS POLO BENEFICIARIO
doc ANEXO B: EXEMPLOS E INFORMACION PARA A CONTABILIDADE
doc Ofertas de AVA
doc Orde da axuda (DOGA)

 

FEDER

 
 
Logotipos Xunta de Galicia FEDER
 

 

    (c) AVA Soluciones Tecnológicas, S.L. 2003, Todos los derechos reservados
AVA WWW.AVAFORUM.COM